miércoles, 21 de diciembre de 2011

DATAS DAS PROBAS DE CAMPO A TRAVÉS

A volta das vacións de Nadal celebraranse as probas preparatoria e clasificatoria de campo a través nas distintas zonas da provincia. Así na zona da Terra Chá serán o 19 e o 28 de xaneiro, na Mariña o 14 e o 28 de xaneiro,no Val de Lemos o 15 e o 22, e por último en Lugo centro o 22 e o 29 de xaneiro no parque do recinto feiral.

Os clasificados das distintas zonas disputarán o campionato provincial o día 12 de febreiro en Vilalba na zona da Madalena, onde xa se celebrou o ano pasado con un grande exito de participación e organización.

Bo Nadal a todos, e esperámosvos ben preparados a volta das vacacións para a disputa destas duras e divertidas probas.

miércoles, 21 de septiembre de 2011

XOGADE CAMPAÑA 2011/2012

Xa está aberta a nova campaña de XOGADE 2011/12. Tódalas entidades participantes poden mutualizar aos seus deportistas como en anos anteriores na páxina deporteescolargalego.com accedendo co seu nome de usuario e contrasinal.

Os prazos de inscrición aparecen reflexados na normativa de cada deporte que aparece colgada na páxina de inicio.

A novidade máis importante a hora de mutualizar aos rapaces é que se debe incluir na inscrición unha foto, sinón non permite a mutualización.

Ánimo a todos os participantes, e que esta nova campaña vos depare un morea de éxitos e experiencias positivas.

martes, 22 de febrero de 2011

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado domingo celebrouse o campionato provincial de campo a través no complexo deportivo de A Madalena, no concello de Vilalba, resultando un éxito,tanto a nivel participativo(perto de 500 rapaces e rapazas) como de organización, a pesar das nefastas condicións climatolóxicas que nos acompañaron durante o transcurso das probas.

Hai que destacar os magníficos resultados obtidos polo Colexio Franciscanos, así como os do Lucus Caixa Rural, A Gándara de Monforte e AD San Roque de Viveiro.

Os 3 primeiros equipos das categorías alevín,infantil e cadete; así como os 8 primeiros clasificados individuais, representarán a Lugo no campionato galego a celebrar en Ourense o vindeiro 12 de Marzo.

Resultados campionato provincial campo a través.

jueves, 10 de febrero de 2011

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS.VILALBA 20-02-2011

O domingo 20 de Febreiro celébrase o campionato provincial de campo a través no estadio da Madalena de Vilalba. Preto de cincocentos rapaces e rapazas de toda a provincia,en representación das entidades clasificadas nas probas zonais realizadas nas comarcas de Val de Lemos, A Mariña, Terra Chá e Centro-Lugo, loitarán por facerse campións provinciais, tanto en individual coma por equipos, nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

O prazo para inscribirse xa está aberto, e rematará antes do xoves 17 de Febreiro. As inscricións deberán achegarse a delegación da F.G Atletismo e ao Servizo Provincial de Deportes, mediante os correos electrónicos fgatletismolugo@gmail.com e deporte.escolar.lugo@gmail.com .

Os 3 primeiros equipos clasificados e os 8 primeiros clasificados individuales das categorías alevín, infantil e cadete, representarán a nosa provincia no Campionato Galego que se celebrará en Ourense, salvo imprevisto, o 12 de Marzo.

As probas iniciaranse as 11:30 horas e rematarán arredor das 13:30, procedendo de seguido a entrega de medallas aos gañadores.

Moita sorte a todos, e esperemos que a climatoloxía sexa venévola cos participantes!

martes, 25 de enero de 2011

RESULTADOS CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS

O pasado domingo 23 de xaneiro celebrouse ,no recinto do Pazo de Feiras e Congresos ,a proba clasificatoria de campo a través da zona centro, da que saíron os atletas clasificados que participarán no Campionato Provincial que se disputará o día 20 de Febreiro en Vilalba, concretamente no estadio da Madalena.

O Provincial acceden os 3 primeiros equipos clasificados por categoría e os 8 primeiros a nivel individual.

Como na proba preparatoria, tanto o Colexio Fraciscanos como Lucus Caixa Rural, acadaron uns excelentes resultados. Ademais, hai que resaltar a aparición dunha nova entidade no panorama do atletismo escolar, o colexio Maristas, que acadou uns resultados moi bos, con varios equipos clasificados e algún primeiro posto individual.

Moita sorte a todos eles no vindeiro Campionato Provincial, onde terán que enfrentarse os clasificados da Mariña, Terra Chá e Val de Lemos.

Resultados clasificatoria

jueves, 13 de enero de 2011

CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS ZONA CENTRO

Abriuse a inscrición na zona centro para a proba de campo a travès clasificatoria para o campionato provincial.

Celebrarase,como a proba anterior, o Domingo 23 de Xaneiro no parque do Pazo de Feiras e Congresos, e as inscricións,tanto individual como equipos, deberán achegarse por correo electrónico a delegación da Federación Galega de Aletismo, fgatletismolugo@gmail.com ,e o Servizo Provincial de Deportes, deporte.escolar.lugo@gmail.com ,antes do xoves 20 de Xaneiro.


Folla de inscrición
Horario e circuito
Normativa