lunes, 20 de septiembre de 2010

PROGRAMA XOGADE 2010/2011

Dende o 15 de setembro atópase aberto o prazo de inscripción para participar na tempada 2010/11 do PROGRAMA XOGADE (Xogos Deportivos en idade escolar),promovido pola Xunta de Galicia para fomentar e estender a práctica da actividade físico-deportiva,baixo parámetros educativos e saúdables,a toda a poboación escolar.
Na páxina web www.deportegalego.es, atoparás a XOGADE e a plataforma deseñada para o proceso de inscripción (www.deporteescolargalego.org ).
Ademais,encontraredes todas as novidades desta nova tempada, tanto no ámbito da Actividade Deportiva Competitiva,como no apartado da Actividade Lúdica.
Prestade atención as datas de peche de inscripción das diferentes modalidades e moita sorte nunha nova tempada que se presenta ilusionante,e onde o obxetivo fundamental debe ser o disfrute e a adquisición de hábitos saúdables dos nosos rapaces/as.