jueves, 1 de julio de 2010

REMATE DA TEMPADA 2009/2010

Chegou o momento de rematar a tempada 2009/2010 na que se conseguiron moi bos resultados, tanto deportivos como de participación.
Dende a Secretaría Xeral para o Deporte queremos agradecer a todas as persoas que nos acompañaron e nos axudaron o longo desta tempada, dende os estamentos políticos da Xunta de Galicia, as Federacións Deportivas, os Concellos, os nenos e neas xunto coas súas familias, coordinadores de todas as zonas, patrocinadores... a todos vos GRAZAS por facer que o Deporte Escolar de Lugo sega medrando e consigamos cada ano máis participantes.
Esperando que carguedes pilas durante o verán para empezar con bo pe a vindeira tempada que xa se está a planificar aquí vos deixamos un pequeno resumo en imaxes desta tempada 2009/2010.
E non vos esquezades de que o DEPORTE É PARA TODA A VIDA.

Ver resumo.

Vémonos en setembro, ata entón a disfrutar do verán.