martes, 11 de mayo de 2010

RESULTADOS FINAL PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA INFANTIL

O domingo 9 de maio, tivo lugar en Láncara as Finais do Campionato Provincial de Fútbol Sala en categoría Infantil. Ata o pavillón de San Xiao desprazáronse gran cantidade de siareiros que animaron os seus equipos ata o final.
O Vilalba e o Láncara disputaron unha gran final que caeu do bando do equipo chairego, que tras remontar un 2-0 en contra fíxose coa victoria cun marcador final de 3-2.
Mentres, na loita polo terceiro e cuarto posto, A Fonsagrada conseguiu dobregar a un Cospeito que non lle perdeu nunca a cara ao partido, pero que finalmente rematou cuarto.
Así pois será o Vilalba o equipo que represente a nosa provincia no Campionato Galego. MOITA SORTE e disfrutade do campionato.

No hay comentarios: