lunes, 24 de mayo de 2010

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONCESTO BENXAMÍN

O pasado domingo, 23 de maio, disputouse en Vilalba o Campionato Provincial de Baloncesto Benxamín dentro do programa XOGADE que promociona a Secretaría Xeral para o Deporte.
A mañá deixounos grandes partidos, o primeiro foi o enfrontou o Estudiantes contra o Maristas, que se saldou a favor destes últimos cun apretado marcador de 59 a 57. O seguinte partido,do que sairía o outro finalista, xogárono o C.B. Ría de Ribadeo eo Cidade de Lugo, cunha clara victoria do equipo da capital lucense sobre o equipo de A Mariña por 67 a 50.
Así pois, pola tarde disputouse o partido do 3º e 4º posto que resolveu o seu favor o Estudiantes cun marcador de 73 a 57 ante o Ría de Ribadeo.
O prato forte estivo na final que disputaron o Cidade de Lugo contra o Maristas. Durante todo o encontro os dous equipos loitaron cada balón e cada rebote sen producirse unha clara ventaxa no marcador por parte de ningún equipo. Sen embargo o Cidade de Lugo chegou mellor físicamente o segundo cuarto do segundo tempo afianzándose no marcador sen que o Maristas puidera facer nada por impedilo, chegando o resultado final de Cidade de Lugo 63 - Maristas 55.

Fotos do Campionato.

No hay comentarios: