lunes, 10 de mayo de 2010

FINAIS PROVINCIAIS DE FÚTBOL SALA EN CATEGORÍAS ALEVÍN E BENXAMÍN

A cidade de Lourenzá acolleu este sábado 8 de maio as semifinais e finais de fútbol sala escolar que se están a desenvolver dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
No pavillón municipal da capital lourentina reuníronse os mellores equipos da provincia en categorías benxamín e cadete, que brindaron un gran espectáculo o numeroso público que abarrotou as gradas do polideportivo creando un gran ambiente propio das grandes citas deste deporte.
En categoría benxamín venceu o Santiago de Foz, que so puido superar o Lumieira nunha longa tanda de penaltis, ao rematar o tempo regulamentado cos dous equipos empatados a uns. Na terceira posición clasificouse o Azkar Prone, mentres que o cuarto clasificado foi o Lourenzá.
Na categoría alevín proclamouse campión o Azkar Fundación, que se impuxo na tanda de penaltis ao Chantada que conseguiu empatar o encontro pouco antes do pitido final. No terceiro posto clasificouse o Azkar Prone que venceu na loita polas medallas o Lumieira.
Así pois, o Santiago de Foz, en categoría benxamín, e o Azkar Fundación, en categoría alevín, representarán a nosa provincia no campionato galego que se celebrará esta fin de semana en O Carballiño. MOITA SORTE PARA ELES.

Fotografías do campionato.

No hay comentarios: