miércoles, 12 de mayo de 2010

A FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA DESPOSÚE O SANTIAGO DE FOZ DO TÍTULO PROVINCIAL

A Federación Galega de Fútbol Sala desposuíu o Santiago de Foz do título de Campión Provincial en categoría Benxamín que acadara a pasada fin de semana en Lourenzá.
A Federación toma esta decisión polas reclamacións presentadas polo Lumieira (finalista) e o E.M. Lourenzá (semifinalista) por alineación indebida do equipo focense. Así pois, despois desta decisión, a federación considera que a final debería ser disputada polo E.D. Lourenzá e o Lumieira.
Desta maneira, o xoves pola tarde, no pavillón de Cospeito, xogarase o partido entre estes dous equipos que dará lugar o campión provincial na categoría benxamín, o cal representará á provincia de Lugo no Campionato Galego.

Nova no xornal.

No hay comentarios: