jueves, 27 de mayo de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BIATLON

Este domingo 30 de maio, celebrarase nas piscinas de A Magdalena de Vilalba o Campionato Provincial de Biatlón que se engloba dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
As probas de natación celebraranse nas Piscinas de A Magdalena a partir das 10 da mañá, mentres que as carreiras pedestres terán lugar nas inmediacións das mesmas dende as 12 h.
Deste campionato sairán os nosos representantes para o galego en categorías Infantil e Cadete.

No hay comentarios: