lunes, 31 de mayo de 2010

RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR POR EQUIPOS DE XADREZ


O sábado 29 celebrouse en Lugo o Campionato Galego por Equipos Escolar da categoría infantil, no Complexo Xuvenil Lug II, dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia,.

Había dúas categorías a mixta e a feminina, formados por catro xogadores e dúas reservas, xogandose a sistema de liga, todos contra todos. Cada xogador dispoñía de 60 minutos para disputar toda a partida.

Clasificación femenina:

1 Asocaición Cultural Xaquedrum
2 Club Xadrez Fontercarmoa
3 Colegio O Pilar de Foz
4 Escola Municipal de Ribeira

Clasificación Mixtas:

1 Club Xadrez Fontecarmoa

2 Club Xadrez Ourense
3 Colegio Franciscano
4 Círculo Ferrolano

Fotos

jueves, 27 de mayo de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BIATLON

Este domingo 30 de maio, celebrarase nas piscinas de A Magdalena de Vilalba o Campionato Provincial de Biatlón que se engloba dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
As probas de natación celebraranse nas Piscinas de A Magdalena a partir das 10 da mañá, mentres que as carreiras pedestres terán lugar nas inmediacións das mesmas dende as 12 h.
Deste campionato sairán os nosos representantes para o galego en categorías Infantil e Cadete.

CAMPIONATO GALEGO DE XADREZ

O vindeiro sábado 29 de maio, celebrarase no Complexo Residencial Xuvenil LUG 2 de Lugo, o Campionato Galego de Xadrez en categoría Infantil que se engloba dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

lunes, 24 de mayo de 2010

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONCESTO BENXAMÍN

O pasado domingo, 23 de maio, disputouse en Vilalba o Campionato Provincial de Baloncesto Benxamín dentro do programa XOGADE que promociona a Secretaría Xeral para o Deporte.
A mañá deixounos grandes partidos, o primeiro foi o enfrontou o Estudiantes contra o Maristas, que se saldou a favor destes últimos cun apretado marcador de 59 a 57. O seguinte partido,do que sairía o outro finalista, xogárono o C.B. Ría de Ribadeo eo Cidade de Lugo, cunha clara victoria do equipo da capital lucense sobre o equipo de A Mariña por 67 a 50.
Así pois, pola tarde disputouse o partido do 3º e 4º posto que resolveu o seu favor o Estudiantes cun marcador de 73 a 57 ante o Ría de Ribadeo.
O prato forte estivo na final que disputaron o Cidade de Lugo contra o Maristas. Durante todo o encontro os dous equipos loitaron cada balón e cada rebote sen producirse unha clara ventaxa no marcador por parte de ningún equipo. Sen embargo o Cidade de Lugo chegou mellor físicamente o segundo cuarto do segundo tempo afianzándose no marcador sen que o Maristas puidera facer nada por impedilo, chegando o resultado final de Cidade de Lugo 63 - Maristas 55.

Fotos do Campionato.

RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO POR EQUIPOS

Este sábado, 22 de maio celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego de Atletismo por Equipos que se desenvolve dentro do programa XOGADE e que promociona a Xunta de Galicia.
Neste campionato a nosa provincia estivo representada polos equipos de Franciscanos, que acadaron dous segundos postos en Infantil Masculino e en Alevín Feminino, e as E.D.M. Castro de Rei, que non tiveron tanta sorte pero seguro que esta experiencia lles sirve para futuras competicións.

Ver resultados.

jueves, 20 de mayo de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

Este sábado, 22 de maio, terá lugar o Campionato Provincial de Tenis de Mesa en ¡dade escolar dentro do programa XOGADE que se está a desenvolver dende a Xunta de Galicia.
A partir das 11 da mañá, no pavillón dos Institutos de Monforte, os participantes loitarán por proclamarse campións provinciais nas súas categorías.

miércoles, 19 de mayo de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONCESTO BENXAMÍN

Este domingo, 23 de maio, terá lugar no pavillón polideportivo de Vilalba a fase final do Campionato Provincial de Baloncesto Benxamín que se está a desenvolver dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Nesta fase daranse cita os catro mellores equipos en categoría benxamín de toda a provincia de Lugo, quedando os emparellamentos e os horarios da seguinte maneira:

Ver horarios e emparellamentos.

miércoles, 12 de mayo de 2010

A FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA DESPOSÚE O SANTIAGO DE FOZ DO TÍTULO PROVINCIAL

A Federación Galega de Fútbol Sala desposuíu o Santiago de Foz do título de Campión Provincial en categoría Benxamín que acadara a pasada fin de semana en Lourenzá.
A Federación toma esta decisión polas reclamacións presentadas polo Lumieira (finalista) e o E.M. Lourenzá (semifinalista) por alineación indebida do equipo focense. Así pois, despois desta decisión, a federación considera que a final debería ser disputada polo E.D. Lourenzá e o Lumieira.
Desta maneira, o xoves pola tarde, no pavillón de Cospeito, xogarase o partido entre estes dous equipos que dará lugar o campión provincial na categoría benxamín, o cal representará á provincia de Lugo no Campionato Galego.

Nova no xornal.

RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN ESCOLAR

O pasado sábado 8 de maio, en xonada de tarde, celebrouse en Vilalba o Campionato Galego de Duatlón que se está a desenvolver dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de galicia.
A xornada estivo pasada por auga, pero os duatletas deron o mellor de sí mesmos para conseguir chegar o podio cos coroaría como os mellores de Galicia nas súas categorías.

Ver resultados

martes, 11 de mayo de 2010

RESULTADOS FINAL PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA INFANTIL

O domingo 9 de maio, tivo lugar en Láncara as Finais do Campionato Provincial de Fútbol Sala en categoría Infantil. Ata o pavillón de San Xiao desprazáronse gran cantidade de siareiros que animaron os seus equipos ata o final.
O Vilalba e o Láncara disputaron unha gran final que caeu do bando do equipo chairego, que tras remontar un 2-0 en contra fíxose coa victoria cun marcador final de 3-2.
Mentres, na loita polo terceiro e cuarto posto, A Fonsagrada conseguiu dobregar a un Cospeito que non lle perdeu nunca a cara ao partido, pero que finalmente rematou cuarto.
Así pois será o Vilalba o equipo que represente a nosa provincia no Campionato Galego. MOITA SORTE e disfrutade do campionato.

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL BALONCESTO ALEVÍN

O pasado sábado día 8 de Maio disputouse nos Anexos do Pavillón Provincial de Lugo a fase final do Campionato Provincial de Baloncesto Escolar en categoría alevín, tanto masculino como feminino, dentro do programa Xogade.

As finais foron:

Masculino: Cidade de Lugo 75 -72 Estudiantes 98

Femenino: Cidade de Lugo 55-45 Mª Auxiliadora

Foron partidos moi disputados, e que nos se decidiron ata os derradeiros intres.

3º-4º posto:

Masculino: Maristas(4º) - C.B. Burela (3º)

Femenino: Estudiantes(4º) - C.B. Burela(3º)


Cabe destacar a gran deportividad de tódolos equipos e a gran afluencia de público en tódala competición, o que fixo a competición máis amena e interesante.


RESULTADOS CAMOPIONATO PROVINCIAL DE COMBINADA

O estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, acolleu este sábado 8 de maio pola tarde, o Campionato Provincial de Combinadas que se tivera que aprazar por mor das malas condicións metereolóxicas.
Desta volta, a metereoloxía nos permitiu concluir todas as probas e os nosos atletas puideron medirse ata final.

Ver resultados.
Fotografías do campionato.

lunes, 10 de mayo de 2010

FINAIS PROVINCIAIS DE FÚTBOL SALA EN CATEGORÍAS ALEVÍN E BENXAMÍN

A cidade de Lourenzá acolleu este sábado 8 de maio as semifinais e finais de fútbol sala escolar que se están a desenvolver dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
No pavillón municipal da capital lourentina reuníronse os mellores equipos da provincia en categorías benxamín e cadete, que brindaron un gran espectáculo o numeroso público que abarrotou as gradas do polideportivo creando un gran ambiente propio das grandes citas deste deporte.
En categoría benxamín venceu o Santiago de Foz, que so puido superar o Lumieira nunha longa tanda de penaltis, ao rematar o tempo regulamentado cos dous equipos empatados a uns. Na terceira posición clasificouse o Azkar Prone, mentres que o cuarto clasificado foi o Lourenzá.
Na categoría alevín proclamouse campión o Azkar Fundación, que se impuxo na tanda de penaltis ao Chantada que conseguiu empatar o encontro pouco antes do pitido final. No terceiro posto clasificouse o Azkar Prone que venceu na loita polas medallas o Lumieira.
Así pois, o Santiago de Foz, en categoría benxamín, e o Azkar Fundación, en categoría alevín, representarán a nosa provincia no campionato galego que se celebrará esta fin de semana en O Carballiño. MOITA SORTE PARA ELES.

Fotografías do campionato.

miércoles, 5 de mayo de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL MASCULINO

O vindeiro domingo 9 de Maio, celebrarase na Pobra de San Xiao (Láncara) as Finais do Provincial Infantil Masculino de fútbol-sala. O campionato desenvólvese dentro do programa XOGADE promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Os horarios e emparexamentos da competición serán os seguintes:

11:30 COSPEITO-VILALBA
12:30 LANCARA- FONSAGRADA

17:00 3º/4º
18:00 FINAL

martes, 4 de mayo de 2010

REANUDACIÓN CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBINADAS

O Campionato Escolar de Probas Combinadas que se aprazou o pasado 18 de abril reanudarase este sábado 8 de maio nas pistas do estadio Gregorio Pérez Ribera.
As probas serán repetidas dende o inicio debido ás características da competición e só poderán participar os atletas que estaban participando nas mesmas no momento da supensión, co cal non se abrirá unha nova inscripción.

Ver horario orientativo.

lunes, 3 de mayo de 2010

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN

O sábado 8 de maio, en xornada de tarde, terá lugar o Campionato Galego de Duatlón Escolar en Vilalba. Este campionato atópase dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
Na capital chairega citaranse os mellores duatletas da nosa comunidade en categorías alevín, infantil e cadete.

CIRCUITOS

FINAIS PROVINCIAIS DE FÚTBOL SALA ESCOLAR BENXAMÍN E ALEVÍN

O vindeiro sábado 8 de maio, terán lugar as Finais Provinciais de Fútbol Sala en categorías benxamín e infantil no Pavillón Municipal de Lourenzá. Dito campionato desenvólvese dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte.



FINAIS PROVINCIAIS MINI BASKET

Este sábado día 8 de Maio, disputaransen no Pavillón Provincial de Lugo, as eliminatorias finais do Campionato Provincial de Mini Basket en categorías alevín, tanto masculina como feminina.

Os horarios dos encontros son os seguintes:

Semifinal 1 = 10:30 horas
Semifinal 2 = 12:00 horas
3º e 4º Posto = 16:30 horas
Final = 18:00 horas
*Os partidos en cat. Masc. serán no Anexo 1 e en cat. Fem. no Anexo 2

SEMIFINAIS CATEGORÍA FEMININA:

Cidade de Lugo – Estudiantes Al. Fem

Sá 10:30 h

Anexo 2

Mª Auxilliadora – C. B. Burela

Sá 12:00 h

Anexo 2

3º y 4º Puesto

Sá 16:30 h

Anexo 2

Final

Sá 18:00 h

Anexo 2



SEMIFINAIS CATEGORÍA MASCULINA:

Cidade de Lugo – Maristas

Sá 10:30 h

Anexo 1

Estudiantes 98– C. B. Burela

Sá 12:00 h

Anexo 1

3º y 4º Puesto

Sá 16:30 h

Anexo 1

Final

Sá 18:00 h

Anexo 1

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE TAEKWONDO

O pasado sábado, día 1 de maio, celebrouse na localidade de Baamonde, o Campionato Provincial de Taekwondo en idade escolar, dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
Arredor de 120 participantes, nas categorías de exhibición e técnica, se deron cita neste campionato coa meta de estar entre os mellores de toda Galicia.

Ver resultados.
Fotos do campionato.

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ

Este sábado, 1 de maio, tivo lugar en Lugo o Campionato Provincial de Xadrez en Idade Escolar dentro do programa XOGADE que está a desenvolver a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Nenos e nenas de toda a provincia competiron para acadar unha praza que os levase o Campionato Galego e alí medirse os mellores xogadores de toda a Comunidade.

Ver resultados
Fotos do campionato.

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA.

Celebrouse este domingo 2 de maio, o Campionato Provincial de Atletismo en Pista de Deporte Escolar do programa XOGADE, en xornada de mañá e tarde e que contou cunha gran participación de atletas de toda a provincia.
Tamén se debe sinalar a gran afluencia de público que se congregou nas gradas do Gregorio Pérez Rivera para animar os participantes.

Ver resultados.
Fotos do campionato.