martes, 6 de abril de 2010

FASE FINAL DO CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE JUDO EN CATEGORÍAS INFANTIL E CADETE

O vindeiro domingo 11 de abril terá lugar a FASE FINAL DO CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE JUDO en categorías infantil e cadete dentro do programa XOGADE que se está a desenvolver dende a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A competición celebrarase no PAVILLÓN MUNICIPAL CASA DO DEPORTE (Avda. Infanta Elena s/n) de Lugo.

Os deportistas infantiles competirán pola mañá, quedando o horario da seguinte maneira:
  • Pesada Judokas Fase Norte: De 10:15 a 10:45
  • Pesada Judokas Fase Sur: De 10:45 a 11:15 h.
  • Reunión arbitral: 11:00 h.
  • Comezo da Competición: Ás 11:30 h.
A quenda dos cadetes queda da seguinte forma:
  • Pesada: De 12:30 a 13:15h.
  • Reunión arbitral: As 16:15 h.
  • Comezo da Competición: As 16:30 h.
Para máis información acerca deste campionato, da normativa ou dos emparellamentos non deixe de visitar a páxina da Federación Galega de Judo.

No hay comentarios: