jueves, 29 de abril de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA.

O vindeiro domingo día 02 de maio, celebrarase en Lugo o Campionato Provincial Escolar de Atletismo en pista, categorías Benxamín, Alevín e Infantil.
Pertence ó programa XOGADE que a Xunta de Galicia está a levar a cabo dende a Secretaría Xeral para o Deporte.
A competición terá lugar na Pista de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Ver horario.

lunes, 26 de abril de 2010

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

Durante a xornada do pasado Sábado 24 de abril, tivo lugar no Monte segade da Capital Lucense o Campionato Provincial de Orientación das categorías Infantil e Cadete, o cal tivo unha gran afluencia de público.

Ver resultados totais.
Ver resultados parciais.
Fotos do campionato.

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DUATLÓN.


Tivo lugar o pasado Domingo día 25 de Abril, na localidade Vilalbesa, o Campionato Provincial de Duatlón, obtendo así as seguintes clasificacións:

RESULTADOS

FOTOS DO CAMPIONATO

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE NATACIÓN

Este sábado, 23 de abril, celebrouse na piscina municipal de Monforte o Campionato Provincial de Natación en categorías benxamín e alevín. Os máis pequerrechos dérono todo para conseguir unha praza que os leve ao Campionato Galego na categoría Alevín masculina e feminina.
Cabe destacar tamén, a gran cantidade de público que se acercou ata a piscina municipal para animar e dar folgos os participantes.

Ver resultados.
Fotos do campionato.

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONCESTO.


Disputado o pasado día 24 de Abril o Campionato Provincial de Baloncesto Infantil, probas Femininas (San Ciprián) e Masculinas (Barreiros), os resultados obtidos foron os seguintes :

CLASIFICACIÓN FEMININA
:
  • 1º Posto : Equipo Cidade de Lugo.
  • 2º Posto : Equipo A.P.A. Mª Auxiliadora Tiscos.
  • 3º Posto : Equipo Celtas de Foz.
  • 4º Posto : Equipo Estudantes de Lugo.
CLASIFICACIÓN MASCULINA:
  • 1º Posto : Equipo Tigres Specific.
  • 2º Posto : Equipo Sarria.
  • 3º Posto : Equipo Cidade de Lugo.
  • 4º Posto : Equipo Martín Otero.
Fotos do campionato

martes, 20 de abril de 2010

2ª PROBAS CLASIFICATORIAS PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA

O vindeiro domingo, 25 de Abril, terán lugar as 2ª PROBAS CLASIFICATORIAS PARA O PROVINCIAL ESCOLAR DE PISTA dentro do programa XOGADE que se está a desenvolver dende a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Ditas probas se realizarán na pista do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Ver horario

APRAZAMENTO CAMPIONATO PROVINCIAL DE COMBINADAS

Despois de que foran aprazadas por mor das malas condicións climatolóxicas , as probas que quedan por disputarse do Campionato Escolar Provincial de Combinadas, realizaranse o vindeiro día 8 de Maio en xornada de tarde, no Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Os horarios de ditas probas, aínda están por confirmar.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONCESTO. SAN CIPRIAN E BARREIROS.

A fase Provincial de Baloncesto Infantil do Deporte Escolar terá lugar o vindeiro día 24 de Abril, disputándose as probas femininas no Pavillón de San Ciprián e as masculinas no Pavillón de Barreiros.


Os Horarios son os seguintes:


Infantil Masculina (Pavillón de Barreiros):


10:30 horas Semifinal 1º Liga Costa - 2º Liga Centro

12:00 horas Semifinal 1º Liga Centro - 3º Liga Centro

16:30 horas 3º y 4º Puesto

18:00 horas Final Provincial

Infantil Femenina ( Pavillón de San Ciprián ):


10:30 horas Semifinal Celtas Primera Calidad - 2º Liga Centro

12:00 horas Semifinal 1º Liga Centro - 3º Liga Centro

16:30 horas 3º y 4º Puesto

18:00 horas Final Provincial

CAMPIONATO PROVINCIAL DUATLÓN EN VILALBA.

O vindeiro domingo 25 de abril, a partir das 11 da mañá, celebrarase en Vilalba o Campionato Provincial Escolar de Duatlon que se enmarca dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
A este campionato acudirán atletas de toda a provincia que intentarán conseguir unha praza para o Campionato Galego.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XIMNASIA RÍTMICA . GUITIRIZ.

A fase Provincial Escolar de Ximnasia Rítmica de Lugo, incluida no programa XOGADE, celebrarase a sábado 24 de Abril no Pavillón Municipal de Guitiriz.
A proba dará comezo ás 16:30 do serán.
Probas e Horarios.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN EN LUGO.

O vindeiro Sábado 24 de Abril, a partir das 10:30 da mañá, terá lugar no Monte Segade de Lugo o Campionato Provincial de Orientación nas categorías Infantil e Cadete.
Dita proba desenvólvese dentro do Programa XOGADE.

Horario e demáis información.

Mapa Monte Segade.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE NATACIÓN . MONFORTE DE LEMOS.

O Sábado día 24 de Abril celebrarase na Piscina Municipal de Monforte de Lemos o Campionato Provincial de Natación Escolar, dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Este terá lugar a partir das 16:30 horas, e participarán nadadores de toda a nosa provincia.

XOGANDO A ATLETISMO I.

O vindeiro Xoves día 22 de abril, celebrarase en Lugo o Campionato Provincial de Xogando aAtletismo I, que terá lugar no Polideportivo O Palomar a partir das 10:30 H. sendo clasificatorio para o Galego da mesma modalidade. Dito campionato está incluido dentro do programa XOGADE, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

martes, 13 de abril de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE VOLEIBOL ALEVÍN E BENXAMÍN

O vindeiro domingo, 18 de abril, celebrarase o Campionato Provincial de Voleibol Alevín e Benxamín no Pabellón Infanta Elena de Lugo. Esta proba desenvólvese dentro do programa XOGADE promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Horario e enfrontamentos.

CAMPIONATO ESCOLAR PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS

Este domingo, 18 de abril, pola tarde,celebraráse o Campionato Escolar Provincial de Probas Combinadas no Estadio Gregorio Pérez Rivera. Este campionato desenvólvese dentro do programa XOGADE promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Nesta proba participarán atletas de toda a provincia co obxectivo de conseguir unha praza para o Campionato Galego que se celebrará o 30 de maio.

Ver horario

CAMPIONATO GALEGO DE JUDO CATEGORÍA INFANTIL E CADETE

O pasado domingo, 11 de abril de 2010, tivo lugar o Campionato Galego de Judo en categoría Infantil e Cadete que se engloba dentro do programa XOGADE promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Durante a mañá competiron os infantís, onde os representantes da nosa provincia colleitaron un ouro, uha prata e dous bronces.
Ver resultados.
Ver fotos.

O turno dos cadetes chegou pola tarde, onde os nosos Judokas acadaron tres ouros.
Ver resultados.
Ver fotos.

Recordar que os campións representarán a nosa comunidade no Campionato Nacional que se celebrará en Salamanca do 30 de abril o 2 de maio.

martes, 6 de abril de 2010

FASE FINAL DO CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE JUDO EN CATEGORÍAS INFANTIL E CADETE

O vindeiro domingo 11 de abril terá lugar a FASE FINAL DO CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE JUDO en categorías infantil e cadete dentro do programa XOGADE que se está a desenvolver dende a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A competición celebrarase no PAVILLÓN MUNICIPAL CASA DO DEPORTE (Avda. Infanta Elena s/n) de Lugo.

Os deportistas infantiles competirán pola mañá, quedando o horario da seguinte maneira:
  • Pesada Judokas Fase Norte: De 10:15 a 10:45
  • Pesada Judokas Fase Sur: De 10:45 a 11:15 h.
  • Reunión arbitral: 11:00 h.
  • Comezo da Competición: Ás 11:30 h.
A quenda dos cadetes queda da seguinte forma:
  • Pesada: De 12:30 a 13:15h.
  • Reunión arbitral: As 16:15 h.
  • Comezo da Competición: As 16:30 h.
Para máis información acerca deste campionato, da normativa ou dos emparellamentos non deixe de visitar a páxina da Federación Galega de Judo.

1ª PROBAS CLASIFICATORIAS PARA EL PROVINCIAL ESCOLAR DE ATLETISMO EN PISTA

O vindeiro domingo, 11 de abril, terán lugar as 1ª PROBAS CLASIFICATORIAS PARA O PROVINCIAL ESCOLAR DE PISTA CUBERTA dentro do programa XOGADE que se está a desenvolver dende a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Ditas probas se realizarán na pista do Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Nestas primeiras probas daranse cita atletas de toda a nosa provincia, onde poderemos comprobar o nivel destas novas promesas.


Normativa e horario