miércoles, 10 de marzo de 2010

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

Celebrouse o pasado Sabado 6 de Marzo o Campionato Galego de Campo a Través na Pobra do Caramiñal, sendo un éxito tanto a participación como a organización da mesma.
Cabe destacar o papel realizado polos nosos atletas, destacando a:
  • Ivilene Pereira Dias do AD Martínez Otero, que acadou o terceriro posto en alevín feminino.
  • Carla Gallo Marcos do AD Martínez Otero, que acadou o terceiro posto en infantil feminino.
Tamén cabe destacar o equipo Infantil Feminino do Martínez Otero e o Infantil Masculino de AT. Franciscanos Lugo que obtiveron o 3º e 2º posto, respectivamente na clasificación por equipos.

Ver resultados.

No hay comentarios: