jueves, 18 de marzo de 2010

RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO ALE/INF DE PISTA CUBERTA

Xa se celebrou o Campionato Galego de Pista Cuberta Ale/Inf no Pazo dos Deportes de Riazor, onde se deron cita os mellores atletas de toda Galicia nestas categorías, e como non podía ser de outra forma, os atletas lucenses tamén estiveron alí.
O final da xornada os resultados nos deixaron 9 podios (2 ouros, 3 pratas e 4 bronces) para os nosos atletas, demostrando que hai futuro no atletismo.

Ver resultados.

miércoles, 10 de marzo de 2010

CAMPIONATO GALEGO ALE/INF DE PISTA CUBERTA

Este sábado 13 de marzo celébrase na Pista de Riazor, A Coruña, o Campionato Galego de Pista Cuberta en categoría alevín e infantil dentro do programa XOGADE.
Neste campionato numerosos deportistas da nosa provincia terán opción de proclamarse campións galegos en diversas modalidades, a todos eles SORTE e disfrutade do evento.

Horario da competición.

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

Celebrouse o pasado Sabado 6 de Marzo o Campionato Galego de Campo a Través na Pobra do Caramiñal, sendo un éxito tanto a participación como a organización da mesma.
Cabe destacar o papel realizado polos nosos atletas, destacando a:
  • Ivilene Pereira Dias do AD Martínez Otero, que acadou o terceriro posto en alevín feminino.
  • Carla Gallo Marcos do AD Martínez Otero, que acadou o terceiro posto en infantil feminino.
Tamén cabe destacar o equipo Infantil Feminino do Martínez Otero e o Infantil Masculino de AT. Franciscanos Lugo que obtiveron o 3º e 2º posto, respectivamente na clasificación por equipos.

Ver resultados.