jueves, 25 de febrero de 2010

APRÁZANSE AS ACTIVIDADES DE DEPORTE ESCOLAR POR MOR DAS ADVERSAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE) que estaba prevista que se desenvolvesen dende o xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido as adversas condicións climatolóxicas, que se previron para estes días.

Esta decisión foi tomada ca finalidade de evitar posibles incidencias por mor das previsións dunhas condicións climatolóxicas complicadas para estes días.

Comunicación da Secretaría Xeral para o Deporte


No hay comentarios: