jueves, 4 de febrero de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS.PROGRAMA XOGADE

O Domingo 7 de Febreiro, no parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, celebrarase o Campionato Provincial de Campo a Través, dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
A inscripción deberase facer na mesma folla de excell que se utilizou para as probas anteriores,e deberá remitirse ao Servizo Provincial de Deportes e a Delegación Lucense da FGA, aos seguintes correos electrónicos,antes das 24:oo do xoves 4 de Febreiro:

fgatletismolugo@gmail.com
deporte.escolar.lugo@gmail.com

O horario das probas será o seguinte:
11:oo - Benxamín Feminino
11:05 -Benxamín Masculino
11:15 -Alevín Feminino
11:30 -Alevín Masculino
11:45 -Infantil Feminino
12:00 -Infantil Masculino
12:15 -Cadete Feminino
12:30-Cadete Masculino
13:00 -Entrega de medallas.

Desta proba sairán os clasificados para participar no campionato Galego que se celebrará,na Pobra do Caramiñal o 27 de Febreiro.

Todolos participantes deberán presentarse na secretaría 30 minutos antes do comezo da proba para a recollida de dorsais .

No hay comentarios: