jueves, 25 de febrero de 2010

APRÁZANSE AS ACTIVIDADES DE DEPORTE ESCOLAR POR MOR DAS ADVERSAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE) que estaba prevista que se desenvolvesen dende o xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido as adversas condicións climatolóxicas, que se previron para estes días.

Esta decisión foi tomada ca finalidade de evitar posibles incidencias por mor das previsións dunhas condicións climatolóxicas complicadas para estes días.

Comunicación da Secretaría Xeral para o Deporte


miércoles, 24 de febrero de 2010

APRAZAMENTO DO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

O Campionato Galego de Campo A Través, que se ía celebrar este sábado na Pobra do Caramiñal, queda suspendido debido á alerta de temporal que se da para esta fin de semana. A nova data de celebración do campionato queda fixada para o sábado 6 de Marzo na mesma localidade.

martes, 23 de febrero de 2010

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro sábado 27 de Febreiro,dentro do programa XOGADE, celebrarase o Campionato Galego de Campo a Través na Pobra do Caramiñal.

Entidades de toda a provincia participarán ,no circuito do Camping de Cabio, na proba que poñerá fin a esta tempada de Campo a Través, onde varios equipos e atletas lucenses teñen posibilidades de proclamarse campións galegos.

Horario das probas:
10:45 -Retirada de dorsais

11:30 -Alevín feminina......................1500 m
11:50 -Alevín masculino.....................2000 m
12:10 -Infantil feminina.....................2000 m
12:30 -Infantil masculino...................2500 m
12:50 -Cadete feminino......................3000 m
13:15 -Cadete masculino....................5000 m

13:45 -Entrega de premios.

viernes, 19 de febrero de 2010

APRAZAMENTO DO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA ALEVÍN E INFANTIL

O Campionato Galego de Pista Cuberta en categorías alevín e infantil, que se ía celebrar este sábado 20 de febreiro, aprázase ata o día 13 do vindeiro mesde marzo.

martes, 9 de febrero de 2010

RESULTADOS DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS DO PROGRAMA XOGADE.

Este domingo celebrouse no circuito da Feira de Exposición de Lugo, o Campionato Provincial de Campo a Través do programa XOGADE, onde sobre 350 participantes das categorías benxamín, alevín, infatil e cadete loitaron por conseguir unha praza para ó Campionato Galego de Campo a Través que se celebrará na Pobra do Caramiñal.


Para o Campionato Galego clasificaranse os dous primeiros equipos e os oito primeiros clasificados das categorías alevín, infantil e cadete.

Ver resultados.






jueves, 4 de febrero de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS.PROGRAMA XOGADE

O Domingo 7 de Febreiro, no parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, celebrarase o Campionato Provincial de Campo a Través, dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
A inscripción deberase facer na mesma folla de excell que se utilizou para as probas anteriores,e deberá remitirse ao Servizo Provincial de Deportes e a Delegación Lucense da FGA, aos seguintes correos electrónicos,antes das 24:oo do xoves 4 de Febreiro:

fgatletismolugo@gmail.com
deporte.escolar.lugo@gmail.com

O horario das probas será o seguinte:
11:oo - Benxamín Feminino
11:05 -Benxamín Masculino
11:15 -Alevín Feminino
11:30 -Alevín Masculino
11:45 -Infantil Feminino
12:00 -Infantil Masculino
12:15 -Cadete Feminino
12:30-Cadete Masculino
13:00 -Entrega de medallas.

Desta proba sairán os clasificados para participar no campionato Galego que se celebrará,na Pobra do Caramiñal o 27 de Febreiro.

Todolos participantes deberán presentarse na secretaría 30 minutos antes do comezo da proba para a recollida de dorsais .