martes, 26 de enero de 2010

CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS LUGO-CENTRO

O Domingo 31 de Xaneiro, no parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, celebrarase a proba clasificatoria da zona centro-lugo para o Campionato Provincial de Campo a Través, dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
A inscripción deberase facer na mesma folla de excell que se utilizou para a proba preparatoria,e deberá remitirse ao Servizo Provincial de Deportes e a Delegación Lucense da FGA, aos seguintes correos electrónicos,antes das 24:oo do xoves 28:
fgatletismolugo@gmail.com
deporte.escolar.lugo@gmail.com
O horario das probas será o mesmo da proba preparatoria:
11:oo - Benx.F
11:05 -Benx.M
11:15 -Alev.F
11:30 -Alev.M
11:45 -Inf.F
12:00 -Cad.F
12:30 -Cad.M
13:00 -Entrega de medallas.
Desta proba sairán os clasificados para participar no campionato provincial que se celebrará,na mesma instalación, o vindeiro 7 de Febreiro.

No hay comentarios: