martes, 26 de enero de 2010

RESULTADOS PROVINCIAL BENXAMÍN,ALEVÍN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA

Mais de 200 rapaces e rapazas das categorías benxamín,alevín e infantil, participaron o pasado sábado no provincial de pista cuberta que se celebrou nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera.
As marcas acadadas polos atletas alevíns e infantís que se atopen entre as 16 mellores a nivel galego,terán a oportunidade de participar no Campionato Galego que se celebrará no Estadio de Riazor,A Coruña,o vindeiro 20 de Febreiro.

Ver resultados

CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS LUGO-CENTRO

O Domingo 31 de Xaneiro, no parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, celebrarase a proba clasificatoria da zona centro-lugo para o Campionato Provincial de Campo a Través, dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
A inscripción deberase facer na mesma folla de excell que se utilizou para a proba preparatoria,e deberá remitirse ao Servizo Provincial de Deportes e a Delegación Lucense da FGA, aos seguintes correos electrónicos,antes das 24:oo do xoves 28:
fgatletismolugo@gmail.com
deporte.escolar.lugo@gmail.com
O horario das probas será o mesmo da proba preparatoria:
11:oo - Benx.F
11:05 -Benx.M
11:15 -Alev.F
11:30 -Alev.M
11:45 -Inf.F
12:00 -Cad.F
12:30 -Cad.M
13:00 -Entrega de medallas.
Desta proba sairán os clasificados para participar no campionato provincial que se celebrará,na mesma instalación, o vindeiro 7 de Febreiro.

miércoles, 20 de enero de 2010

RESULTADOS PROVINCIAL CADETE DE ATLETISMO EN PISTA CUBERTA

O pasado sabado 16 de xaneiro celebrouse o Campionato Provincial de Atletismo en Pista Cuberta da categoría cadete con un éxito de participación a pesar da climatoloxía adversa que acompañou o desenvolvemento das probas.

Ver resultados.

viernes, 15 de enero de 2010

PROVINCIAL DE PISTA CUBERTA

Este sabado 16 de Xaneiro, en xornada de mañá (11:oo a 13:30) para a categoría Cadete, e o vindeiro Sabado 23 de Xaneiro,en xornada de tarde para as categorías benx,alev e inf, celébrase o Campionato Provincial de Pista Cuberta nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Estas foron as datas acordadas entre o Servizo Provincial de Derportes e a Delegación Lucense da FGA,unha vez suspendidas as probas que se ían celebrar o pasado día 10 por mor do temporal que azotou a nosa provincia.
Toda a información para a proba deste sabado tedela na páxina da delegación da FGA
http://www.fgatletismo.es/lugo/.
Horario das probas do provincial de Pista Cuberta nas categorías benxamín, alevín e infantil.