martes, 14 de diciembre de 2010

RESULTADOS PREPARATORIA DE CAMPO A TRAVÉS

O pasado Domingo ,12 de decembro,celebrouse a primeira preparatoria de Campo a Través no Pazo de Feiras e Congresos,con unha ampla representación dos clubes e colexios da zona centro-lugo,inscritos nesta modalidade do programa Xogade desenvolvido pola Xunta de Galicia.
Nunha mañá coa climatoloxía bastante favorable e o circuito en boas condicións, poidemos disfrutar dunhas probas moi competidas, onde Franciscanos e Lucus Caixa Rural tuveron unha destacada actuación.

Resultados preparatoria campo a través (12/12/2010)

jueves, 2 de diciembre de 2010

CAMPO A TRAVÉS

Xa está aberto o prazo de inscripción para a primeira proba preparatoria de campo a través que, como en anos anteriores, celebrarase no parque do Pazo de Feiras e Congresos o día 12 de Decembro.
As datas das probas para a zona Centro-Lugo son as seguintes:
-1ª Preparatoria :
data :12 de Decembro (Domingo)
lugar : Pazo de Feiras e Congresos. Lugo
-Clasificatoria :
data : 23 de Xaneiro (Domingo)
lugar : Pazo de Feiras e Congresos. Lugo
-CAMPIONATO PROVINCIAL :
data : 13 Febreiro (Domingo).
lugar : Lugo ou Vilaba

Normativa Campo a Través
Folla de Inscripción
Circuito do Campionato

Para esta primeira proba deberase achegar a inscripción antes das 15:00 horas do venres 10 Decembro a :
-Delegación Lucense de Atletismo . fgatletismolugo@gmail.com
-Servizo Provincial de Deportes . deporte.escolar.lugo@gmail.com

lunes, 18 de octubre de 2010

FUTBOL SALA

O vindeiro xoves 21 de Outubro, as 20:00 horas no Salón Muralla do edificio multiusos da Xunta de Galicia,terá lugar unha reunión,convocada pola Delegación lucense da Fed.Galega de Futbol Sala, coas entidades participantes na modalidade de Futbol Sala da zona Centro-Lugo,para por en marcha a Campaña 2010/11 dentro do Programa XOGADE (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar)

lunes, 20 de septiembre de 2010

PROGRAMA XOGADE 2010/2011

Dende o 15 de setembro atópase aberto o prazo de inscripción para participar na tempada 2010/11 do PROGRAMA XOGADE (Xogos Deportivos en idade escolar),promovido pola Xunta de Galicia para fomentar e estender a práctica da actividade físico-deportiva,baixo parámetros educativos e saúdables,a toda a poboación escolar.
Na páxina web www.deportegalego.es, atoparás a XOGADE e a plataforma deseñada para o proceso de inscripción (www.deporteescolargalego.org ).
Ademais,encontraredes todas as novidades desta nova tempada, tanto no ámbito da Actividade Deportiva Competitiva,como no apartado da Actividade Lúdica.
Prestade atención as datas de peche de inscripción das diferentes modalidades e moita sorte nunha nova tempada que se presenta ilusionante,e onde o obxetivo fundamental debe ser o disfrute e a adquisición de hábitos saúdables dos nosos rapaces/as.

jueves, 1 de julio de 2010

REMATE DA TEMPADA 2009/2010

Chegou o momento de rematar a tempada 2009/2010 na que se conseguiron moi bos resultados, tanto deportivos como de participación.
Dende a Secretaría Xeral para o Deporte queremos agradecer a todas as persoas que nos acompañaron e nos axudaron o longo desta tempada, dende os estamentos políticos da Xunta de Galicia, as Federacións Deportivas, os Concellos, os nenos e neas xunto coas súas familias, coordinadores de todas as zonas, patrocinadores... a todos vos GRAZAS por facer que o Deporte Escolar de Lugo sega medrando e consigamos cada ano máis participantes.
Esperando que carguedes pilas durante o verán para empezar con bo pe a vindeira tempada que xa se está a planificar aquí vos deixamos un pequeno resumo en imaxes desta tempada 2009/2010.
E non vos esquezades de que o DEPORTE É PARA TODA A VIDA.

Ver resumo.

Vémonos en setembro, ata entón a disfrutar do verán.

viernes, 11 de junio de 2010

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONMÁN

O pasado sábado 5 de maio, tivo lugar en Lugo o Campionato Provincial de Balonmán que se engloba dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A xornada foi moi intensa e disputada quedando a clasificación da seguinte maneira:


Infantil Masculino:

1º.- C.B. VIVEIRO

2º.- ACALUBA Frisaqués (Lugo)

3º.- TORRE DE LEMOS (Monforte)

Alevín Mixto:

1º.- CEIP PARADAI (Lugo)

2º.- CEIP VIRXE DA SOIDADE (Lugo)

3º.- CEIP MENENEZ PELAYO (Lugo)

4º.- C.B. VIVEIRO

Benjamín Mixto:

1º.- CEIP ALBEIROS (Lugo)

2º.- CEIP LUIS PIMENTEL

3º.- CONCELLO DE O VICEDO (Lugo)


Fotos do campionato.

martes, 8 de junio de 2010

CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO EN PISTA E PROBAS COMBINADAS

Este sábado 5 de xuño, celebrouse en Pontevedra, nas pistas do Centro Galego de Tecnificación o Campionato Galego de Atletismo en Pista e de Probas Combinadas que se engloban dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
Os atletas da nosa provincia acadaron 17 medallas (4 ouros, 5 pratas e 8 bronces) nas probas de atletismo en pista mentres que nas probas de combinadas acadaron 4 (1 ouro, 2 pratas e 1 bronce).

Ver resultados.

lunes, 7 de junio de 2010

CAMPIONATO GALEGO DE BIATLÓN

Este sábado 5 de xuño, celebrouse no concello de Cervo o Campionato Galego de Biatlón dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
As probas realizáronse pola tarde, e a climatoloxía non favoreceu o evento, xa que foi unha tarde algo pasada por auga. A pesar disto os atletas realizaron un gran campionato.

RESULTADOS


  • CATEGORÍA ALEVÍN FEMININO (nados nos anos 1998-99):

1. Aroa Freije Torneiro (Cidade de Lugo Fluvia)
2. Alicia Vila Gallego (Triatlón Arcade Inforhouse)
3. Lúa Vidal (Cidade de Lugo Fluvial)

  • CATEGORÍA ALEVÍN MASCULINO (anos 1998-99):

1. Brais Senín Mouriño (CN Arzúa)
2. Víctor Souto Ramos (Cidade de Lugo Fluvia)
3. Marcos Ruíz Brage (Club Triatlón Ferrol)

  • EQUIPOS MIXTOS:

1. Cidade de Lugo Fluvial
2. CEIP Pedro Caselles

  • CATEGORÍA INFANTIL FEMININO (nados nos anos 1996-97):

1. Inés Vázquez Ramil (Náutico de Narón)
2. Xiana Rendo Mallo (Triíatlon Arcade Inforhouse)
3. Cynthia Veiga López (Cidade de Lugo Fluvial)

  • CATEGORÍA INFANTIL MASCULINO (anos 1996-97):

1. Daniel Gándara Castro (AD Fogar da Xuventude)
2. Raúl Blanco Porto (Cidade de Lugo Fluvial)
3. Daniel Bouzón García (Olímpico de Vedra)

  • EQUIPOS MIXTOS:

1. Naútico Narón


  • CATEGORÍA CADETE FEMININO (nados nos anos 1994-95):

1. Camila Alonso (Tríatlon Ferrol)
2. Eva Basanta Fouz (Cidade de Lugo Fluvial)
3. Bárbara Penas Rey (Tríatlon Arcade)

  • CATEGORÍA CADETE MASCULINO (anos 1994-95):

1. Antón Muíño Alonso ((AD Fogar da Xuventude)
2. Ignacio Manso Rodríguez (Cidade de Lugo Fluvial)
3. Daniel Area Alonso (AD Fogar da Xuventude)

  • EQUIPOS MIXTOS:

1. Cidade de Lugo Fluvial


jueves, 3 de junio de 2010

CAMPIONATO GALEGO DE BIATLÓN

Este sábado, 5 de xuño, celebrarase en Cervo o Campionato Galego de Biatlón, dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
As probas de natación celebraránse na Piscina de Cervo ás 16 h., mentres que a carreira pedestre disputarase nas inmediacións das piscinas a partir das 18 h.

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE BIATLÓN

A pasada fin de semana disputouse nas instalacións de A Magdalena, Vilalba, o Campionato Provincial de Biatlón que se engloba dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.

Ver resultados.

miércoles, 2 de junio de 2010

FINAL PROVINCIAIS BALONMÁN

Este sábado 5 de Xuño, disputaranse en Lugo as finais provincias de balonmán escolar nas categorías BENXAMIN, ALEVÍN e INFANTL, dentro do programa XOGADE que promove a XUNTA DE GALICIA.
Os encontros disputaranse nos polideportivos do I.E.S. POLITÉCNICO e no polideportivo DOS INSTITUTOS.

HORARIOS E LUGAR

BENXAMÍN

LUIS PIMENTEL - ALBEIROS 11:30 P.Politécnico
LUIS PIMENTEL - O VICEDO 12:30 P.Politécnico
ALBEIROS - O VICEDO 16:30 P.Institutos

ALEVÍN
M.PELAYO - PARADAI (A) 10:30 P.Politécnico
C.B. VIVEIRO - VIRXE SOIDADE (B) 11:30 P.Institutos
PERDEDOR "A" - PERDEDOR "B" 16:30 P.Politécnico
GANADOR "A" - GANADOR "B" 18:30 P.Institutos

INFANTIL

ACALUBA - TORRE DE LEMOS 10:30 P.Institutos
A.B. VIVEIRO - TORRE DE LEMOS 12:30 P.Institutos
C.B. VIVEIRO - ACALUBA 17:30 P.Institutos


ENTREGA DE TROFEOS 19:45

lunes, 31 de mayo de 2010

RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR POR EQUIPOS DE XADREZ


O sábado 29 celebrouse en Lugo o Campionato Galego por Equipos Escolar da categoría infantil, no Complexo Xuvenil Lug II, dentro do Programa XOGADE da Xunta de Galicia,.

Había dúas categorías a mixta e a feminina, formados por catro xogadores e dúas reservas, xogandose a sistema de liga, todos contra todos. Cada xogador dispoñía de 60 minutos para disputar toda a partida.

Clasificación femenina:

1 Asocaición Cultural Xaquedrum
2 Club Xadrez Fontercarmoa
3 Colegio O Pilar de Foz
4 Escola Municipal de Ribeira

Clasificación Mixtas:

1 Club Xadrez Fontecarmoa

2 Club Xadrez Ourense
3 Colegio Franciscano
4 Círculo Ferrolano

Fotos

jueves, 27 de mayo de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BIATLON

Este domingo 30 de maio, celebrarase nas piscinas de A Magdalena de Vilalba o Campionato Provincial de Biatlón que se engloba dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
As probas de natación celebraranse nas Piscinas de A Magdalena a partir das 10 da mañá, mentres que as carreiras pedestres terán lugar nas inmediacións das mesmas dende as 12 h.
Deste campionato sairán os nosos representantes para o galego en categorías Infantil e Cadete.

CAMPIONATO GALEGO DE XADREZ

O vindeiro sábado 29 de maio, celebrarase no Complexo Residencial Xuvenil LUG 2 de Lugo, o Campionato Galego de Xadrez en categoría Infantil que se engloba dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

lunes, 24 de mayo de 2010

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONCESTO BENXAMÍN

O pasado domingo, 23 de maio, disputouse en Vilalba o Campionato Provincial de Baloncesto Benxamín dentro do programa XOGADE que promociona a Secretaría Xeral para o Deporte.
A mañá deixounos grandes partidos, o primeiro foi o enfrontou o Estudiantes contra o Maristas, que se saldou a favor destes últimos cun apretado marcador de 59 a 57. O seguinte partido,do que sairía o outro finalista, xogárono o C.B. Ría de Ribadeo eo Cidade de Lugo, cunha clara victoria do equipo da capital lucense sobre o equipo de A Mariña por 67 a 50.
Así pois, pola tarde disputouse o partido do 3º e 4º posto que resolveu o seu favor o Estudiantes cun marcador de 73 a 57 ante o Ría de Ribadeo.
O prato forte estivo na final que disputaron o Cidade de Lugo contra o Maristas. Durante todo o encontro os dous equipos loitaron cada balón e cada rebote sen producirse unha clara ventaxa no marcador por parte de ningún equipo. Sen embargo o Cidade de Lugo chegou mellor físicamente o segundo cuarto do segundo tempo afianzándose no marcador sen que o Maristas puidera facer nada por impedilo, chegando o resultado final de Cidade de Lugo 63 - Maristas 55.

Fotos do Campionato.

RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO POR EQUIPOS

Este sábado, 22 de maio celebrouse en Pontevedra o Campionato Galego de Atletismo por Equipos que se desenvolve dentro do programa XOGADE e que promociona a Xunta de Galicia.
Neste campionato a nosa provincia estivo representada polos equipos de Franciscanos, que acadaron dous segundos postos en Infantil Masculino e en Alevín Feminino, e as E.D.M. Castro de Rei, que non tiveron tanta sorte pero seguro que esta experiencia lles sirve para futuras competicións.

Ver resultados.

jueves, 20 de mayo de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE TENIS DE MESA

Este sábado, 22 de maio, terá lugar o Campionato Provincial de Tenis de Mesa en ¡dade escolar dentro do programa XOGADE que se está a desenvolver dende a Xunta de Galicia.
A partir das 11 da mañá, no pavillón dos Institutos de Monforte, os participantes loitarán por proclamarse campións provinciais nas súas categorías.

miércoles, 19 de mayo de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONCESTO BENXAMÍN

Este domingo, 23 de maio, terá lugar no pavillón polideportivo de Vilalba a fase final do Campionato Provincial de Baloncesto Benxamín que se está a desenvolver dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Nesta fase daranse cita os catro mellores equipos en categoría benxamín de toda a provincia de Lugo, quedando os emparellamentos e os horarios da seguinte maneira:

Ver horarios e emparellamentos.

miércoles, 12 de mayo de 2010

A FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL SALA DESPOSÚE O SANTIAGO DE FOZ DO TÍTULO PROVINCIAL

A Federación Galega de Fútbol Sala desposuíu o Santiago de Foz do título de Campión Provincial en categoría Benxamín que acadara a pasada fin de semana en Lourenzá.
A Federación toma esta decisión polas reclamacións presentadas polo Lumieira (finalista) e o E.M. Lourenzá (semifinalista) por alineación indebida do equipo focense. Así pois, despois desta decisión, a federación considera que a final debería ser disputada polo E.D. Lourenzá e o Lumieira.
Desta maneira, o xoves pola tarde, no pavillón de Cospeito, xogarase o partido entre estes dous equipos que dará lugar o campión provincial na categoría benxamín, o cal representará á provincia de Lugo no Campionato Galego.

Nova no xornal.

RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN ESCOLAR

O pasado sábado 8 de maio, en xonada de tarde, celebrouse en Vilalba o Campionato Galego de Duatlón que se está a desenvolver dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de galicia.
A xornada estivo pasada por auga, pero os duatletas deron o mellor de sí mesmos para conseguir chegar o podio cos coroaría como os mellores de Galicia nas súas categorías.

Ver resultados

martes, 11 de mayo de 2010

RESULTADOS FINAL PROVINCIAL DE FÚTBOL SALA INFANTIL

O domingo 9 de maio, tivo lugar en Láncara as Finais do Campionato Provincial de Fútbol Sala en categoría Infantil. Ata o pavillón de San Xiao desprazáronse gran cantidade de siareiros que animaron os seus equipos ata o final.
O Vilalba e o Láncara disputaron unha gran final que caeu do bando do equipo chairego, que tras remontar un 2-0 en contra fíxose coa victoria cun marcador final de 3-2.
Mentres, na loita polo terceiro e cuarto posto, A Fonsagrada conseguiu dobregar a un Cospeito que non lle perdeu nunca a cara ao partido, pero que finalmente rematou cuarto.
Así pois será o Vilalba o equipo que represente a nosa provincia no Campionato Galego. MOITA SORTE e disfrutade do campionato.

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL BALONCESTO ALEVÍN

O pasado sábado día 8 de Maio disputouse nos Anexos do Pavillón Provincial de Lugo a fase final do Campionato Provincial de Baloncesto Escolar en categoría alevín, tanto masculino como feminino, dentro do programa Xogade.

As finais foron:

Masculino: Cidade de Lugo 75 -72 Estudiantes 98

Femenino: Cidade de Lugo 55-45 Mª Auxiliadora

Foron partidos moi disputados, e que nos se decidiron ata os derradeiros intres.

3º-4º posto:

Masculino: Maristas(4º) - C.B. Burela (3º)

Femenino: Estudiantes(4º) - C.B. Burela(3º)


Cabe destacar a gran deportividad de tódolos equipos e a gran afluencia de público en tódala competición, o que fixo a competición máis amena e interesante.


RESULTADOS CAMOPIONATO PROVINCIAL DE COMBINADA

O estadio Gregorio Pérez Rivera de Lugo, acolleu este sábado 8 de maio pola tarde, o Campionato Provincial de Combinadas que se tivera que aprazar por mor das malas condicións metereolóxicas.
Desta volta, a metereoloxía nos permitiu concluir todas as probas e os nosos atletas puideron medirse ata final.

Ver resultados.
Fotografías do campionato.

lunes, 10 de mayo de 2010

FINAIS PROVINCIAIS DE FÚTBOL SALA EN CATEGORÍAS ALEVÍN E BENXAMÍN

A cidade de Lourenzá acolleu este sábado 8 de maio as semifinais e finais de fútbol sala escolar que se están a desenvolver dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
No pavillón municipal da capital lourentina reuníronse os mellores equipos da provincia en categorías benxamín e cadete, que brindaron un gran espectáculo o numeroso público que abarrotou as gradas do polideportivo creando un gran ambiente propio das grandes citas deste deporte.
En categoría benxamín venceu o Santiago de Foz, que so puido superar o Lumieira nunha longa tanda de penaltis, ao rematar o tempo regulamentado cos dous equipos empatados a uns. Na terceira posición clasificouse o Azkar Prone, mentres que o cuarto clasificado foi o Lourenzá.
Na categoría alevín proclamouse campión o Azkar Fundación, que se impuxo na tanda de penaltis ao Chantada que conseguiu empatar o encontro pouco antes do pitido final. No terceiro posto clasificouse o Azkar Prone que venceu na loita polas medallas o Lumieira.
Así pois, o Santiago de Foz, en categoría benxamín, e o Azkar Fundación, en categoría alevín, representarán a nosa provincia no campionato galego que se celebrará esta fin de semana en O Carballiño. MOITA SORTE PARA ELES.

Fotografías do campionato.

miércoles, 5 de mayo de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL INFANTIL MASCULINO

O vindeiro domingo 9 de Maio, celebrarase na Pobra de San Xiao (Láncara) as Finais do Provincial Infantil Masculino de fútbol-sala. O campionato desenvólvese dentro do programa XOGADE promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Os horarios e emparexamentos da competición serán os seguintes:

11:30 COSPEITO-VILALBA
12:30 LANCARA- FONSAGRADA

17:00 3º/4º
18:00 FINAL

martes, 4 de mayo de 2010

REANUDACIÓN CAMPIONATO ESCOLAR DE COMBINADAS

O Campionato Escolar de Probas Combinadas que se aprazou o pasado 18 de abril reanudarase este sábado 8 de maio nas pistas do estadio Gregorio Pérez Ribera.
As probas serán repetidas dende o inicio debido ás características da competición e só poderán participar os atletas que estaban participando nas mesmas no momento da supensión, co cal non se abrirá unha nova inscripción.

Ver horario orientativo.

lunes, 3 de mayo de 2010

CAMPIONATO GALEGO DE DUATLÓN

O sábado 8 de maio, en xornada de tarde, terá lugar o Campionato Galego de Duatlón Escolar en Vilalba. Este campionato atópase dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
Na capital chairega citaranse os mellores duatletas da nosa comunidade en categorías alevín, infantil e cadete.

CIRCUITOS

FINAIS PROVINCIAIS DE FÚTBOL SALA ESCOLAR BENXAMÍN E ALEVÍN

O vindeiro sábado 8 de maio, terán lugar as Finais Provinciais de Fútbol Sala en categorías benxamín e infantil no Pavillón Municipal de Lourenzá. Dito campionato desenvólvese dentro do programa XOGADE que promove a Secretaría Xeral para o Deporte.



FINAIS PROVINCIAIS MINI BASKET

Este sábado día 8 de Maio, disputaransen no Pavillón Provincial de Lugo, as eliminatorias finais do Campionato Provincial de Mini Basket en categorías alevín, tanto masculina como feminina.

Os horarios dos encontros son os seguintes:

Semifinal 1 = 10:30 horas
Semifinal 2 = 12:00 horas
3º e 4º Posto = 16:30 horas
Final = 18:00 horas
*Os partidos en cat. Masc. serán no Anexo 1 e en cat. Fem. no Anexo 2

SEMIFINAIS CATEGORÍA FEMININA:

Cidade de Lugo – Estudiantes Al. Fem

Sá 10:30 h

Anexo 2

Mª Auxilliadora – C. B. Burela

Sá 12:00 h

Anexo 2

3º y 4º Puesto

Sá 16:30 h

Anexo 2

Final

Sá 18:00 h

Anexo 2



SEMIFINAIS CATEGORÍA MASCULINA:

Cidade de Lugo – Maristas

Sá 10:30 h

Anexo 1

Estudiantes 98– C. B. Burela

Sá 12:00 h

Anexo 1

3º y 4º Puesto

Sá 16:30 h

Anexo 1

Final

Sá 18:00 h

Anexo 1

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE TAEKWONDO

O pasado sábado, día 1 de maio, celebrouse na localidade de Baamonde, o Campionato Provincial de Taekwondo en idade escolar, dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
Arredor de 120 participantes, nas categorías de exhibición e técnica, se deron cita neste campionato coa meta de estar entre os mellores de toda Galicia.

Ver resultados.
Fotos do campionato.

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DE XADREZ

Este sábado, 1 de maio, tivo lugar en Lugo o Campionato Provincial de Xadrez en Idade Escolar dentro do programa XOGADE que está a desenvolver a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Nenos e nenas de toda a provincia competiron para acadar unha praza que os levase o Campionato Galego e alí medirse os mellores xogadores de toda a Comunidade.

Ver resultados
Fotos do campionato.

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA.

Celebrouse este domingo 2 de maio, o Campionato Provincial de Atletismo en Pista de Deporte Escolar do programa XOGADE, en xornada de mañá e tarde e que contou cunha gran participación de atletas de toda a provincia.
Tamén se debe sinalar a gran afluencia de público que se congregou nas gradas do Gregorio Pérez Rivera para animar os participantes.

Ver resultados.
Fotos do campionato.

jueves, 29 de abril de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ATLETISMO EN PISTA.

O vindeiro domingo día 02 de maio, celebrarase en Lugo o Campionato Provincial Escolar de Atletismo en pista, categorías Benxamín, Alevín e Infantil.
Pertence ó programa XOGADE que a Xunta de Galicia está a levar a cabo dende a Secretaría Xeral para o Deporte.
A competición terá lugar na Pista de Atletismo do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Ver horario.

lunes, 26 de abril de 2010

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN

Durante a xornada do pasado Sábado 24 de abril, tivo lugar no Monte segade da Capital Lucense o Campionato Provincial de Orientación das categorías Infantil e Cadete, o cal tivo unha gran afluencia de público.

Ver resultados totais.
Ver resultados parciais.
Fotos do campionato.

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DUATLÓN.


Tivo lugar o pasado Domingo día 25 de Abril, na localidade Vilalbesa, o Campionato Provincial de Duatlón, obtendo así as seguintes clasificacións:

RESULTADOS

FOTOS DO CAMPIONATO

RESULTADOS CAMPIONATO PROVINCIAL DE NATACIÓN

Este sábado, 23 de abril, celebrouse na piscina municipal de Monforte o Campionato Provincial de Natación en categorías benxamín e alevín. Os máis pequerrechos dérono todo para conseguir unha praza que os leve ao Campionato Galego na categoría Alevín masculina e feminina.
Cabe destacar tamén, a gran cantidade de público que se acercou ata a piscina municipal para animar e dar folgos os participantes.

Ver resultados.
Fotos do campionato.

RESULTADO CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONCESTO.


Disputado o pasado día 24 de Abril o Campionato Provincial de Baloncesto Infantil, probas Femininas (San Ciprián) e Masculinas (Barreiros), os resultados obtidos foron os seguintes :

CLASIFICACIÓN FEMININA
:
  • 1º Posto : Equipo Cidade de Lugo.
  • 2º Posto : Equipo A.P.A. Mª Auxiliadora Tiscos.
  • 3º Posto : Equipo Celtas de Foz.
  • 4º Posto : Equipo Estudantes de Lugo.
CLASIFICACIÓN MASCULINA:
  • 1º Posto : Equipo Tigres Specific.
  • 2º Posto : Equipo Sarria.
  • 3º Posto : Equipo Cidade de Lugo.
  • 4º Posto : Equipo Martín Otero.
Fotos do campionato

martes, 20 de abril de 2010

2ª PROBAS CLASIFICATORIAS PROVINCIAL ATLETISMO EN PISTA

O vindeiro domingo, 25 de Abril, terán lugar as 2ª PROBAS CLASIFICATORIAS PARA O PROVINCIAL ESCOLAR DE PISTA dentro do programa XOGADE que se está a desenvolver dende a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Ditas probas se realizarán na pista do Estadio Gregorio Pérez Rivera.

Ver horario

APRAZAMENTO CAMPIONATO PROVINCIAL DE COMBINADAS

Despois de que foran aprazadas por mor das malas condicións climatolóxicas , as probas que quedan por disputarse do Campionato Escolar Provincial de Combinadas, realizaranse o vindeiro día 8 de Maio en xornada de tarde, no Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Os horarios de ditas probas, aínda están por confirmar.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE BALONCESTO. SAN CIPRIAN E BARREIROS.

A fase Provincial de Baloncesto Infantil do Deporte Escolar terá lugar o vindeiro día 24 de Abril, disputándose as probas femininas no Pavillón de San Ciprián e as masculinas no Pavillón de Barreiros.


Os Horarios son os seguintes:


Infantil Masculina (Pavillón de Barreiros):


10:30 horas Semifinal 1º Liga Costa - 2º Liga Centro

12:00 horas Semifinal 1º Liga Centro - 3º Liga Centro

16:30 horas 3º y 4º Puesto

18:00 horas Final Provincial

Infantil Femenina ( Pavillón de San Ciprián ):


10:30 horas Semifinal Celtas Primera Calidad - 2º Liga Centro

12:00 horas Semifinal 1º Liga Centro - 3º Liga Centro

16:30 horas 3º y 4º Puesto

18:00 horas Final Provincial

CAMPIONATO PROVINCIAL DUATLÓN EN VILALBA.

O vindeiro domingo 25 de abril, a partir das 11 da mañá, celebrarase en Vilalba o Campionato Provincial Escolar de Duatlon que se enmarca dentro do programa XOGADE que promove a Xunta de Galicia.
A este campionato acudirán atletas de toda a provincia que intentarán conseguir unha praza para o Campionato Galego.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE XIMNASIA RÍTMICA . GUITIRIZ.

A fase Provincial Escolar de Ximnasia Rítmica de Lugo, incluida no programa XOGADE, celebrarase a sábado 24 de Abril no Pavillón Municipal de Guitiriz.
A proba dará comezo ás 16:30 do serán.
Probas e Horarios.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE ORIENTACIÓN EN LUGO.

O vindeiro Sábado 24 de Abril, a partir das 10:30 da mañá, terá lugar no Monte Segade de Lugo o Campionato Provincial de Orientación nas categorías Infantil e Cadete.
Dita proba desenvólvese dentro do Programa XOGADE.

Horario e demáis información.

Mapa Monte Segade.

CAMPIONATO PROVINCIAL DE NATACIÓN . MONFORTE DE LEMOS.

O Sábado día 24 de Abril celebrarase na Piscina Municipal de Monforte de Lemos o Campionato Provincial de Natación Escolar, dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Este terá lugar a partir das 16:30 horas, e participarán nadadores de toda a nosa provincia.

XOGANDO A ATLETISMO I.

O vindeiro Xoves día 22 de abril, celebrarase en Lugo o Campionato Provincial de Xogando aAtletismo I, que terá lugar no Polideportivo O Palomar a partir das 10:30 H. sendo clasificatorio para o Galego da mesma modalidade. Dito campionato está incluido dentro do programa XOGADE, promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

martes, 13 de abril de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE VOLEIBOL ALEVÍN E BENXAMÍN

O vindeiro domingo, 18 de abril, celebrarase o Campionato Provincial de Voleibol Alevín e Benxamín no Pabellón Infanta Elena de Lugo. Esta proba desenvólvese dentro do programa XOGADE promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Horario e enfrontamentos.

CAMPIONATO ESCOLAR PROVINCIAL DE PROBAS COMBINADAS

Este domingo, 18 de abril, pola tarde,celebraráse o Campionato Escolar Provincial de Probas Combinadas no Estadio Gregorio Pérez Rivera. Este campionato desenvólvese dentro do programa XOGADE promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Nesta proba participarán atletas de toda a provincia co obxectivo de conseguir unha praza para o Campionato Galego que se celebrará o 30 de maio.

Ver horario

CAMPIONATO GALEGO DE JUDO CATEGORÍA INFANTIL E CADETE

O pasado domingo, 11 de abril de 2010, tivo lugar o Campionato Galego de Judo en categoría Infantil e Cadete que se engloba dentro do programa XOGADE promovido pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Durante a mañá competiron os infantís, onde os representantes da nosa provincia colleitaron un ouro, uha prata e dous bronces.
Ver resultados.
Ver fotos.

O turno dos cadetes chegou pola tarde, onde os nosos Judokas acadaron tres ouros.
Ver resultados.
Ver fotos.

Recordar que os campións representarán a nosa comunidade no Campionato Nacional que se celebrará en Salamanca do 30 de abril o 2 de maio.

martes, 6 de abril de 2010

FASE FINAL DO CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE JUDO EN CATEGORÍAS INFANTIL E CADETE

O vindeiro domingo 11 de abril terá lugar a FASE FINAL DO CAMPIONATO ESCOLAR GALEGO DE JUDO en categorías infantil e cadete dentro do programa XOGADE que se está a desenvolver dende a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. A competición celebrarase no PAVILLÓN MUNICIPAL CASA DO DEPORTE (Avda. Infanta Elena s/n) de Lugo.

Os deportistas infantiles competirán pola mañá, quedando o horario da seguinte maneira:
  • Pesada Judokas Fase Norte: De 10:15 a 10:45
  • Pesada Judokas Fase Sur: De 10:45 a 11:15 h.
  • Reunión arbitral: 11:00 h.
  • Comezo da Competición: Ás 11:30 h.
A quenda dos cadetes queda da seguinte forma:
  • Pesada: De 12:30 a 13:15h.
  • Reunión arbitral: As 16:15 h.
  • Comezo da Competición: As 16:30 h.
Para máis información acerca deste campionato, da normativa ou dos emparellamentos non deixe de visitar a páxina da Federación Galega de Judo.

1ª PROBAS CLASIFICATORIAS PARA EL PROVINCIAL ESCOLAR DE ATLETISMO EN PISTA

O vindeiro domingo, 11 de abril, terán lugar as 1ª PROBAS CLASIFICATORIAS PARA O PROVINCIAL ESCOLAR DE PISTA CUBERTA dentro do programa XOGADE que se está a desenvolver dende a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Ditas probas se realizarán na pista do Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Nestas primeiras probas daranse cita atletas de toda a nosa provincia, onde poderemos comprobar o nivel destas novas promesas.


Normativa e horario

jueves, 18 de marzo de 2010

RESULTADOS CAMPIONATO GALEGO ALE/INF DE PISTA CUBERTA

Xa se celebrou o Campionato Galego de Pista Cuberta Ale/Inf no Pazo dos Deportes de Riazor, onde se deron cita os mellores atletas de toda Galicia nestas categorías, e como non podía ser de outra forma, os atletas lucenses tamén estiveron alí.
O final da xornada os resultados nos deixaron 9 podios (2 ouros, 3 pratas e 4 bronces) para os nosos atletas, demostrando que hai futuro no atletismo.

Ver resultados.

miércoles, 10 de marzo de 2010

CAMPIONATO GALEGO ALE/INF DE PISTA CUBERTA

Este sábado 13 de marzo celébrase na Pista de Riazor, A Coruña, o Campionato Galego de Pista Cuberta en categoría alevín e infantil dentro do programa XOGADE.
Neste campionato numerosos deportistas da nosa provincia terán opción de proclamarse campións galegos en diversas modalidades, a todos eles SORTE e disfrutade do evento.

Horario da competición.

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

Celebrouse o pasado Sabado 6 de Marzo o Campionato Galego de Campo a Través na Pobra do Caramiñal, sendo un éxito tanto a participación como a organización da mesma.
Cabe destacar o papel realizado polos nosos atletas, destacando a:
  • Ivilene Pereira Dias do AD Martínez Otero, que acadou o terceriro posto en alevín feminino.
  • Carla Gallo Marcos do AD Martínez Otero, que acadou o terceiro posto en infantil feminino.
Tamén cabe destacar o equipo Infantil Feminino do Martínez Otero e o Infantil Masculino de AT. Franciscanos Lugo que obtiveron o 3º e 2º posto, respectivamente na clasificación por equipos.

Ver resultados.

jueves, 25 de febrero de 2010

APRÁZANSE AS ACTIVIDADES DE DEPORTE ESCOLAR POR MOR DAS ADVERSAS CONDICIÓNS CLIMATOLÓXICAS

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE) que estaba prevista que se desenvolvesen dende o xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido as adversas condicións climatolóxicas, que se previron para estes días.

Esta decisión foi tomada ca finalidade de evitar posibles incidencias por mor das previsións dunhas condicións climatolóxicas complicadas para estes días.

Comunicación da Secretaría Xeral para o Deporte


miércoles, 24 de febrero de 2010

APRAZAMENTO DO CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

O Campionato Galego de Campo A Través, que se ía celebrar este sábado na Pobra do Caramiñal, queda suspendido debido á alerta de temporal que se da para esta fin de semana. A nova data de celebración do campionato queda fixada para o sábado 6 de Marzo na mesma localidade.

martes, 23 de febrero de 2010

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS

O vindeiro sábado 27 de Febreiro,dentro do programa XOGADE, celebrarase o Campionato Galego de Campo a Través na Pobra do Caramiñal.

Entidades de toda a provincia participarán ,no circuito do Camping de Cabio, na proba que poñerá fin a esta tempada de Campo a Través, onde varios equipos e atletas lucenses teñen posibilidades de proclamarse campións galegos.

Horario das probas:
10:45 -Retirada de dorsais

11:30 -Alevín feminina......................1500 m
11:50 -Alevín masculino.....................2000 m
12:10 -Infantil feminina.....................2000 m
12:30 -Infantil masculino...................2500 m
12:50 -Cadete feminino......................3000 m
13:15 -Cadete masculino....................5000 m

13:45 -Entrega de premios.

viernes, 19 de febrero de 2010

APRAZAMENTO DO CAMPIONATO GALEGO DE PISTA CUBERTA ALEVÍN E INFANTIL

O Campionato Galego de Pista Cuberta en categorías alevín e infantil, que se ía celebrar este sábado 20 de febreiro, aprázase ata o día 13 do vindeiro mesde marzo.

martes, 9 de febrero de 2010

RESULTADOS DO CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS DO PROGRAMA XOGADE.

Este domingo celebrouse no circuito da Feira de Exposición de Lugo, o Campionato Provincial de Campo a Través do programa XOGADE, onde sobre 350 participantes das categorías benxamín, alevín, infatil e cadete loitaron por conseguir unha praza para ó Campionato Galego de Campo a Través que se celebrará na Pobra do Caramiñal.


Para o Campionato Galego clasificaranse os dous primeiros equipos e os oito primeiros clasificados das categorías alevín, infantil e cadete.

Ver resultados.






jueves, 4 de febrero de 2010

CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS.PROGRAMA XOGADE

O Domingo 7 de Febreiro, no parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, celebrarase o Campionato Provincial de Campo a Través, dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
A inscripción deberase facer na mesma folla de excell que se utilizou para as probas anteriores,e deberá remitirse ao Servizo Provincial de Deportes e a Delegación Lucense da FGA, aos seguintes correos electrónicos,antes das 24:oo do xoves 4 de Febreiro:

fgatletismolugo@gmail.com
deporte.escolar.lugo@gmail.com

O horario das probas será o seguinte:
11:oo - Benxamín Feminino
11:05 -Benxamín Masculino
11:15 -Alevín Feminino
11:30 -Alevín Masculino
11:45 -Infantil Feminino
12:00 -Infantil Masculino
12:15 -Cadete Feminino
12:30-Cadete Masculino
13:00 -Entrega de medallas.

Desta proba sairán os clasificados para participar no campionato Galego que se celebrará,na Pobra do Caramiñal o 27 de Febreiro.

Todolos participantes deberán presentarse na secretaría 30 minutos antes do comezo da proba para a recollida de dorsais .

martes, 26 de enero de 2010

RESULTADOS PROVINCIAL BENXAMÍN,ALEVÍN E INFANTIL DE PISTA CUBERTA

Mais de 200 rapaces e rapazas das categorías benxamín,alevín e infantil, participaron o pasado sábado no provincial de pista cuberta que se celebrou nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera.
As marcas acadadas polos atletas alevíns e infantís que se atopen entre as 16 mellores a nivel galego,terán a oportunidade de participar no Campionato Galego que se celebrará no Estadio de Riazor,A Coruña,o vindeiro 20 de Febreiro.

Ver resultados

CLASIFICATORIA CAMPO A TRAVÉS LUGO-CENTRO

O Domingo 31 de Xaneiro, no parque do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, celebrarase a proba clasificatoria da zona centro-lugo para o Campionato Provincial de Campo a Través, dentro do programa XOGADE da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
A inscripción deberase facer na mesma folla de excell que se utilizou para a proba preparatoria,e deberá remitirse ao Servizo Provincial de Deportes e a Delegación Lucense da FGA, aos seguintes correos electrónicos,antes das 24:oo do xoves 28:
fgatletismolugo@gmail.com
deporte.escolar.lugo@gmail.com
O horario das probas será o mesmo da proba preparatoria:
11:oo - Benx.F
11:05 -Benx.M
11:15 -Alev.F
11:30 -Alev.M
11:45 -Inf.F
12:00 -Cad.F
12:30 -Cad.M
13:00 -Entrega de medallas.
Desta proba sairán os clasificados para participar no campionato provincial que se celebrará,na mesma instalación, o vindeiro 7 de Febreiro.

miércoles, 20 de enero de 2010

RESULTADOS PROVINCIAL CADETE DE ATLETISMO EN PISTA CUBERTA

O pasado sabado 16 de xaneiro celebrouse o Campionato Provincial de Atletismo en Pista Cuberta da categoría cadete con un éxito de participación a pesar da climatoloxía adversa que acompañou o desenvolvemento das probas.

Ver resultados.

viernes, 15 de enero de 2010

PROVINCIAL DE PISTA CUBERTA

Este sabado 16 de Xaneiro, en xornada de mañá (11:oo a 13:30) para a categoría Cadete, e o vindeiro Sabado 23 de Xaneiro,en xornada de tarde para as categorías benx,alev e inf, celébrase o Campionato Provincial de Pista Cuberta nas pistas do Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Estas foron as datas acordadas entre o Servizo Provincial de Derportes e a Delegación Lucense da FGA,unha vez suspendidas as probas que se ían celebrar o pasado día 10 por mor do temporal que azotou a nosa provincia.
Toda a información para a proba deste sabado tedela na páxina da delegación da FGA
http://www.fgatletismo.es/lugo/.
Horario das probas do provincial de Pista Cuberta nas categorías benxamín, alevín e infantil.