martes, 15 de diciembre de 2009

RESULTADOS 1ª PREPARATORIA CAMPO A TRAVÉS

O pasado domingo 13 de Decembro celebrouse a 1ª preparatoria de campo a través no parque do Pazo de Feiras e Congresos,resultando un éxito de participación,xa que perto de 200 rapaces e rapazas disfrutaron de unha xornada na que a climatoloxía favoreceu o desenvolvemento das probas.
A proba foi promovida polo Servizo provincial de Deportes e organizada pola Delegación Lucense da Fed. Gal. de Atletismo,coa colaboración da Agrupación Deportiva Lucus.

Ver resultados



lunes, 23 de noviembre de 2009

CAMPO A TRAVÉS

Está a piques de comenzar unha nova tempada de Campo a Través escolar.As datas das distintas probas na zona Centro-Lugo son as seguintes:
-13 Decembro.....Preparatoria
-31 Xaneiro......Clasificatoria
-7 Febreiro.....Provincial
-27 Febreiro.....Galego
Recordamos a todos aqueles clubs,anpas,colexios,etc que teñen inscritos os seus equipos pero que ainda non mutualizaron os participantes o empecen a facer canto antes,para logo non ter problemas a hora de formalizar a inscripción na distintas probas.
As probas estarán organizadas pola Delegación Lucense da Fed. Galega de Atletismo e o Servizo Provincial de Deportes.
Ademais da zona Centro,celebraranse competicións de Campo a Través nas zonas de A Mariña,Terra Cha e Val de Lemos,organizadas polas respectivas Agrupacións Deportivas da zona correspondente.
A normativa para a participación nesta competición atópase publicada na páxina web do Deporte Escolar(www.deporteescolargalego.org)dentro do programa XOGADE,no apartado de Campo a Través.

lunes, 16 de noviembre de 2009

XOGADE (XOgos GAlegos Deportivos en idade Escolar)

O pasado 7 de Novembro arrancou unha nova campaña do deporte escolar (XOGADE) na nosa provincia.Dentro do programa Xogade distínguense dous itinerarios:
A) Actividade Deportiva Competitiva.
B) Actividade Lúdico Recreativa.
Na primeira incluense a actividade deportiva clásica dos deportes colectivos e individuais na sua vertiente competitiva; mentres na segunda trataríase de actividades con un compoñente claramente recreativo a desenvolver en horario lectivo nos centros escolares.
Poderán inscribirse neste programa os centros de ensino,ANPAs,clubs,escolas deportivas municipais,agrupacións deportivas,asociacións,etc..,que o desexen,pertencentes á Comunidade de Galicia.
A inscripción realizarase a través da aplicación informática que se atopa na páxina Web: www.deporteescolargalego.org
Como sempre os mais madrugadores foron os deportes colectivos (futbol sala,baloncesto,voleibol) os que se irán engadindo pouco a pouco todos os restantes.

viernes, 22 de mayo de 2009

CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO EN PISTA

Finalmente o Campionato Galego en Pista para a categoría infantil, celebrase en Lugo. Inicialmente estaba previsto que fora nas instalacións do CGTD de Pontevedra, pero inconvintes de última hora aconsellaron cambiar a sede para as instalcións do "Gregorio Pérez Rivera" da nosa cidade.

> > > > > > > > BOLETÍN INFORMATIVO < < < < < < < <

> > > > > > > > FOLLA DE INSCRICIÓN < < < < < < < <

jueves, 7 de mayo de 2009

CAMPIONATO GALEGO DE BÁDMINTON



O Anexo do Pazo Universitario dos Deportes de Lugo acolleu o fin de semana pasado o Campionato Galego de Bádminton do programa deportivo en idade escolar. As mellores raquetas galegas das categorías infantil e cadete déronse cita nas 12 pistas montadas para este evento. Equipos, xogadores e xogadores en individual procedentes de Ourense, Cedeira, A Coruña, Monfero, Camariñas, Viveiro, Taboada, Chantada, Foz, Xinzo, Celanova, Silleda, Vigo, As Neves, Ribadavia, Pontevedra, etc, loitaron polas medallas e por representar a Galicia no próximo campionato de España.
Os partidos comezaron ás 10,30 h. e xogaronse ininterrompidamente ata ás 19.30 h. Ao remate procedeuse á entrega de medallas e trofeos e un recordo a tódol@s participantes.

martes, 21 de abril de 2009

CAMPIONATO GALEGO DE PATINAXE ARTISTICA


O pasado domingo 26 de abril, a vila lucense de Chantada acolleu o Campionato Galego de Patinaxe Artística da Competición Deportiva en Idade Escolar. O evento estivo organizado pola Federación Galega de Patinaxe e o Servizo Provincial de Deportes de Lugo coa colaboración da area de deportes do Concello de Chantada.
Participaron grupos de Educación Primaria e Secundaria na modalidade de GRUPOS SHOW.
Os equipos que se poideron ver nun abarrotado Pavillón Municipal de Chantada foron:
A.D. Liceo
C.Brincadeira.
C.Pobra do Caramiñal.
O Saviñao.
C. Riveira.
ED. Chantada.
----------------------------------------------------------------------------
..............CLASIFICACIÓN FINAL................

martes, 10 de marzo de 2009

CAMPIONATO GALEGO ESCOLAR DE LOITA


O pasado sábado día 14 de marzo celebrouse no pavillón municipal de Begonte (Lugo) o Campionato Escolar de Loita Olímpica e Loita Feminina. A proba disputouse dende as 11 horas ata as 13:30. Nesta categoría participaron os seguintes clubes: Clube O Castro de Vigo, Clube Kuzushi de Vigo, Clube San Ignacio de Vigo, Clube Stallae de Santiago, Clube Sabarís de Baiona, Clube Cidade de Vigo, Clube Ayude de Ourense, Clube Pontevedra, Clube Touro (A Coruña), Clube Keltoi de Vila de Cruces, e Clube de Loita Vilalba (Lugo).
Pola tarde celebrouse nas mesmas instalacións o Campionato Galego na categoría Júnior.

RESULTADOS CATEGORÍA FEMININA
RESULTADOS CATEGORÍA MASCULINA

lunes, 16 de febrero de 2009

CAMPIONATO GALEGO DE CAMPO A TRAVÉS EN IDADE ESCOLAR

O pasado sábado 21 de febreiro disputouse nas proximidades do Pazo de Feiras de Congresos de Lugo o Campionato Galego de Campo a Través en Idade Escolar. A proba deu comezo ás 11 da mañá e tomaron parte nela rapaces e rapazas de toda Galicia.